Xa fai 20 anos dende que o Club Baloncesto Ames participa en categoría sénior zonal, o que o converte no decano da categoría dentro do Concello de Ames. Tras unha profunda remodelación, o seu plantel atesora calidade, físico e ilusión a partes iguais. A estas características hai que sumarlles os nosos valores tradicionais tales como compañeirismo, respecto ao contrario, humildade e determinación. Con estes ingredientes, os obxectivos para a presente campaña non poden ser outros que pelexar polo título e conseguir unha das prazas de ascenso a 2ª división.
Bases
Tomás Souto.- Diaño. Aposta persoal do adestrador.
Este asasino con cara de neno e capaz de amargarlle o día a calquera opoñente a
base de pernas e máis pernas. Capaz de desenvolverse a diferentes ritmos de
xogo, elixindo sempre o que máis convén ao equipo en cada momento.
Sergio.- Asentado. Calidade ao servizo
do equipo, boa lectura de xogo e perigoso cara o aro contrario cando as
circunstancias así o demandan. Determinante no terceiro cuarto do encontro de
semifinais do curso pasado cando peor estaban as cousas. Poso de veterán.
Fran.- Polivalencia. Unha das tres novidades
desta campaña. Xogador multifunción capaz de desenvolverse con eficacia en
todas as posicións exteriores a ambos lados da cancha. O seu físico e a súa
colocación en pista permítelle destacar na faceta reboteadora, sendo
indetectable para os rivais.
Escoltas
Yeray.- Jugón. Puro espectáculo ao
servizo do baloncesto. Namorado do mundo da canastra dende antes de nacer, fai
doado o máis difícil. Só con ver como se desenvolve este rapaz paga a pena ver
un partido. O baloncesto é un mundo mellor con tipos como este.
Diego.- Velocidade.
De serie veu cun par de marchas máis co resto, o que lle permite actuar a uns
ritmos de xogo nos que a maioría de xogadores desta liga non poden sequera
chegar a pensar. Un microondas programado para ser o pesadelo dos rivais cando
opera a máxima potencia, aínda que ás veces sobrequéntase en ten que arrefriar
unhas semanas.
Jaime.- Inclasificable.
Este estraño elemento apaixonado do mundo da canastra gañou, dende a súa
chegada, o corazón dos xiareiros amienses. O seu peculiar (e moitas veces
eficaz) estilo de xogo serve, ao mesmo tempo, para contaxiar a compañeiros e
desconcertar aos rivais. Tan eficaz dentro como fóra da pista...
Aleiros
Raúl.- Veterán.
Parece incrible pero así é. Pasan os anos e un dos síntomas máis evidentes da
nosa profunda remodelación é que este rapaz, con esa cariña, xa é un dos nosos
ilustres. Sempre está dispoñible para desenvolver o papel que lle sexa
requirido polo club e, ademais, con esa actitude positiva que o caracteriza e
que sempre é de agradecer. Unha vez superada a súa grave lesión, esta tempada
seguro que dará o mellor de si mesmo.
Jorge.- Francotirador.
Outro que semella que leva toda a vida, algo insultante se nos fixamos na súa
data de nacemento. Posiblemente, unha das mellores bonecas de toda a
competición. Co seu espectacular rango de tiro, el só é capaz de esnaquizar
calquera defensa dende diversas posicións, moi especialmente máis aló da liña
de tres. Cando está centrado, as lesións o respectan e non lle da polos Jungly´s,
vólvese imparable.
David Reino.- Valoración. Fiabilidade
e produción ao servizo do equipo. Aporta defensa, rebote, tiro exterior,
penetracións, asistencias... pensándoo ben, que non achega este rapaz? Algúns
poderían dicir que “glamour” pero xulguen vostedes mesmos...
Ala - Pívots
Juan.- Gladiador.
Todo un exemplo de intensidade, concentración e competitividade. Agresivo e
noble ata a medula, contaxia aos seus compañeiros coa súa encomiable actitude.
En resumo, poña un Juan na súa vida (e no seu equipo).
Joaquín.- Descarado.
Terceira incorporación da presente campaña e o rapaz máis novo do equipo. Cos
seus insultantes 19 anos, un físico envexable e unha boa dose de atrevemento,
está chamado a ser unha das revelacións da competición. Voa, amigo, voa alto...
Pívots
Alberto.- Capitán.
Nin os anos nin os contratempos en forma de lesión arredan sequera un chisco da
sempre contaxiosa ledicia dunha persoa que, sen dúbida, transcende o meramente
deportivo. Un dos grandes responsables de que este equipo sexa moito máis que
un grupo de xente que xoga ao baloncesto. Grande en todos os sentidos. Lenda.
Pedro.- Ralenti.
Outra das incorporacións do equipo e chamado a facer cousas imporrtantes.
Semella que vai dúas marchas por debaixo pero, canto te queres dar conta, xa te
esnaquizou a base movementos de calidade un sentido criminal cara o aro
contrario cunha porcentaxes de acerto impropias da categoría. Moitas tardes de
gloria por ofrecer.
Sebas.- Chill. Co seu característico
flow, o venezolano converteuse nun xogador imprescindible. Puntos e
rebotes a puntapala que veñen coma auga de maio para un equipo
necesitado de mellorar as súas prestacións baixo os aros para aspirar a máis
altas cotas. Cando está inspirado resulta imparable.
Adestradores
Rober.- Luxo.
Historia viva ao servizo do club agora como assistant coach. Dedicación,
experiencia, carisma e, sobre todo, unha desmedida paixón por este deporte que
fan deste eterno rapaz alguén imprescindible. Moi importante en labores non
sempre vistosas como os scoutings, quecemento, intendencia e un largo etcétera
que non lle agradeceremos suficientemente a longo das nosas tres ou catro
próximas vidas.
Dani.- O Xefe. Cociñeiro
antes que frade e verdadeiro director de toda esta orquestra. Coñecementos
propios dun adestrador de Euroliga, sabe perfectamente o que ten, o que quere e
sabe como pedilo en cada momento e a cada xogador en función das súas
características e prestacións. Implicación absoluta e totalmente altruísta, o
que fala ben as claras dun tipo que, ante todo e sempre dende a humildade, é
pura paixón baloncestística. Algún dos seus tempos mortos son memorables, sobre
todo cando o partido non está de cara. Todo un luxo e, sen dúbida, o noso
mellor activo.
Delegado
Manolo.- Incondicional.
Xunto con Lourdes e con outros ilustres da bancada amiense, unha das
referencias do club tanto dentro coma fora do campo. Ás súas funcións hai que
sumarlle este ano un particular estilo no manexo da mopa que non deixa
indiferente a ninguén. Din que un día perdeuse una xuntanza de cañas
postpartido, pero queremos aproveitar a ocasión para desmentilo con total
rotundidade.
Agardando na recámara
Ángel.- Como bala, non ten desperdicio. Pendente de renovación, gañada con creces tanto na pista como fóra dela. Depende de ti, crack!

Veña Ames!!
ResponderEliminarFuerza y Honor
ResponderEliminarComo es el Instagram del 25?
ResponderEliminar@don_porto_
Eliminar