Uroloxía avanzada, saúde con confianza
Enderezo: Rúa
Santiago León de Caracas, 1 – HM Rosaleda – 15701 Santiago de Compostela (A
Coruña)
Teléfono: 604 030 375
Web: www.urogalia.com
Urogalia é un referente en uroloxía avanzada en
Galicia, con sede no Hospital HM Rosaleda de Santiago de Compostela. O seu
equipo, liderado polo Dr. Pérez Fentes, combina experiencia
internacional, tecnoloxía de vangarda e un trato humano que sitúa ao paciente
no centro de cada decisión.
Desde a súa fundación, Urogalia promove valores de superación,
confianza e excelencia, os mesmos que inspiran cada adestramento e cada
partido do Club Baloncesto Ames. Este patrocinio vai más alá do apoio
económico: representa unha alianza de principios, un compromiso coa comunidade
e unha aposta polo talento local.
Áreas de especialización
· Hiperplasia benigna de próstata e enucleación prostática con láser.
· Oncoloxía urolóxica: prevención, diagnóstico e tratamentos da enfermidade localizada e avanzada.
· Androloxía e saúde masculina integral.
· Uroloxía feminina e funcional.
· Uroloxía xeral.
Por que confiar en Urogalia?
ü Prestixio médico recoñecido en Galicia e a nivel internacional. O Dr. Pérez Fentes é un referente nacional e internacional en endouroloxía e uro-oncoloxía (tumores de próstata, vexiga, ril, testículo, pene).
ü Instalacións modernas e acceso a mellor tecnoloxía.
ü Atención próxima, personalizada e centrada no paciente.
ü Compromiso coa innovación, coa actualización continua, coa uroloxía académica e coa mellora permanente da actividade asistencial.
Compromiso co Club
Baloncesto Ames
Como patrocinador oficial, Urogalia dá un paso
máis na súa aposta polo deporte e pola comunidade. A súa marca estará presente
nas equipacións de quecemento (“cubres”) durante toda a tempada 2025/2026,
converténdose nun símbolo visible de apoio polo baloncesto local.
Cada vez que os nosos xogadores salten á pista, levarán consigo a confianza dunha entidade que cre na forza da canastra como motor de saúde, cohesión e futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario