Despois da xuntanza entre a Secretaría Xeral para o Deporte e os representantes das distintas federacións deportivas, entre as que se inclúe a Federación Galega de Baloncesto, no serán de onte procedeuse de maneira oficial á suspensión de todas as competicións organizadas pola FEGABA ata, en principio, o próximo 25 de marzo.
Esto significa o aprazamento das dúas próximas xornadas, incluíndo o encontro contra Praíña SPC Basket, inicialmente programado para o vindeiro domingo 15 de marzo ás 17.00 no Municipal de Bertamiráns.
Por outra banda, e unha vez consultados os responsables municipais competentes, de momento este equipo pode seguir cos seus adestramentos habituais tanto no pavillón de Bertamiráns como no de O Milladoiro á espera de calquera orde ou ditame das autoridades sanitarias que, como non pode ser doutra maneira, será acatada e respectada por todos os integrantes deste club.
Desde o Club Baloncesto Ames queremos facer un chamamento á calma e apelar ao sentido común de toda a cidadanía para non incorrer en accións que poidan derivar en situacións non desexables como consecuencia deste episodio de saúde pública.
Podes consultar aquí información relevante acerca da COVID 19 para a cidadanía en xeral (Fonte: Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social) |
Seguiremos informando coas novedades. Ánimo e paciencia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario