mércores, 27 de outubro de 2021

Xa estamos aquiiiiií...

(Por Rober Playmaker)

9 de marzo de 2020, encontro en Pío XII, vitoria contra Vista Alegre, entre os seus xogadores, Jacobo, na bancada o seu pai, Segundo, un clásico das bancadas do baloncesto base do noso querido deporte. 

Xa o Monbus Obradoiro fíxolle unha sentida homenaxe á tempada pasada e nós desde aquí sumámonos a lembralo.

Á semana seguinte, suspéndese a liga por tempo indefinido, incerteza non só deportiva, senón vital...a COVID-19 ía ser unha das palabras máis repetidas dentro do noso vocabulario...o resto, formará parte dos libros médicos e da historia mundial.

Despois de varios intentos pouco frutíferos durante a pasada e actual tempada, parecía que o C.B. Ames estaba moribundo, a sombra do COVID seguía moi presente e alongábase máis aló dos nosos pensamentos deportivos.

Varios xogadores tomaron a porta de saída, uns por ser o final da súa carreira, Jacobo, pivote con moita clase e visión de xogo,  formado na canteira de La Salle e bo amigo decidía que non continuaba; outros, por comezar a súa nova vida fóra de Galicia, Kike e Manu, os Beiro's bro, pequenos de estatura, pero grandes-grandes rapaces, é o típico que se di, pero é verdade, un, todo sorriso, non o perdía aínda que lle desen leña, só unha vez perdeu a cabeza tirando unha botella ao chan e ao pobre sinaláronlle unha técnica...pobre, fíxolle lembrar que non hai que perder nunca o sorriso; e que dicir de Manu, Manudona, gran xogador, o mellor base da categoría e cunha personalidade dabondo para dirixir a un equipo de veteráns...pouco máis se pode dicir xa; outros, como Raúl, comezando o seu rol como adestrador e deixando na caseta o seu rol como xogador, moita sorte Raúl!! e moitas grazas por facer teu o equipo, ao C.B. Ames pertencerás sempre por decreto. E que dicir de Juan, Juan dobre-dobre, en puntos e rebotes...e ás veces en técnicas...cando sacaba o saxo para pasear... aquí tes o equipo para cando queiras volver. Unha honra xogar convosco rapaces.

No verán, a idea de perder o equipo para sempre entristecíanos e, in extremis e case co reloxo de posesión a 24 segundos, fomos xuntando un a un aos xogadores. As ganas de adestrar e competir eran moito máis grandes que o medo ao COVID ou o desencanto por facelo con máscara.

Despois de moitas charlas, o núcleo duro, Jota, Victor, Dani, eu mesmo...etc., retomamos un bosquexo do equipo que tiñamos e vimos que a xente volvía ter disposición de adestrar e xogar, e, co boca-boca nos playgrounds da comarca santiaguesa, xuntamos un equipo equilibrado de 9 rapaces, Toni, Dani, Jaime, Tirso, Alberto Mata, Antón, Nico e os xa experimentados na categoría Diego e Jorge que unidos aos 5 veteranazos, Rober, Victor (novo capi), Alber, Elo e Linas e, que coa dirección de Dani, que decide colgar as botas e poñerse o traxe de adestrador (un lujazo) e con Jota que tamén temporalmente decide apartar a súa faceta como xogador e dedicarse en exclusiva á presidencia e pelexar nos despachos (outro lujazo), formamos un equipo con moitas ganas de facer grandes cousas na categoría. Unha categoría chea de equipos novos e experimentados, con xogadores con experiencia en EBA, nacional...a priori vai ser unha gran tempada!, había moitas, moitas, moitísimas ganas de basket!!...e aquí estamos de novo!!!.


Praína Basket SPC 38 - C.B. Ames 44


Primeiro partido contra Praíña (un equipo moi experimentado, equilibrado e rochoso) e a sempre odiada pista de Teo, onde os aros son máis duros que Clint Eastwood pasándose un misto pola faciana, non era un comezo moi agradable e que un desexaría despois sen estar sen competir tanto tempo, pero o equipo púxose o mono de traballo, e, este narrador que chegou para o último cuarto, puido observar que o equipo non deixou en ningún momento cómodo ao rival, que defensa!!, que gañas de comerse o balón!!...e eu, as uñas na bancada.

Co marcador moi axustado ao final deste último cuarto, con 6 minutos para finalizar, Jaime converteuse no protagonista e sen sabelo revulsivo do partido, despois de coller un par de rebotes imposibles, o 9 de Praíña, picado tirouno contra o chan, o noso escolta revolveuse cual pelexa de bar e caeulle a expulsión, máis por inexperiencia na categoría que por un mal xesto...Jaime, welcome á liga zonal!! Esta acción puxo moi tenso ao noso míster que despois dunha máis que educada protesta sinaláronlle unha dobre técnica máis rápida que o que se tarda en dicir "Usain Bolt". 

Todo por decidir, 3 tiros libres, produto da expulsións, para Praiña que o colocan a dous puntos por encima. Victor toma as rendas da dirección do equipo, tendo como axudante de luxo de Jota, que por momentos parecía que ía saír a xogar, que tensión!!

Despois de varias boas defensas, con axudas, de Tirso, Diego e sobre todo Eloy, sobre o seu mellor xogador, Anxo, o nº 1 de Praíña, facemos varios roubos que convertemos nunha canastra con reverso con derroche de calidade de Jorge, que tivo un enfrontamento persoal e perdeu co triple...xa haberá máis tardes, George!!!. Os ataques estiveron moi ben dirixidos por Toni e Dani que fixeron que o equipo executase moito mellor do esperado para un primeiro encontro, as xogadas ata o final, provocando moitas faltas no rival levándonos ao tiro libre. Estas mesmas xogadas facían que houbese sempre tiros librados no poste alto, na liña de tres...o que si atopou a vía do triple e o truco á canastra en Teo foi Alberto Mata (xa llo contas un día a Jorge e aos demais o truco) que con dous triplos consecutivos ponnos a 6 por encima e o The End

Case no ocaso do encontro, o seu xogador franquicia moi enoxado coa arbitraxe, pasa por encima de Alberto coma se fose unha alfombra persa, resultado: 5 puntos na cabeza...pero para Alberto,  outro día máis na oficina, aínda que ten que saír da cancha porque estaba a deixar a pista tuneada para Halloween...cambio de protagonista, entra Nico para coller un par de rebotes máis e agrandar aínda máis esta estatística e continuamos coa boa defensa sen meter ningún punto máis deixando o marcador 38-44. 

Fin e explosión de xúbilo, case dous anos máis tarde volvemos ter unha vitoria...dedicatoria ao míster (que en tempo récord fíxonos xogar como equipo) e á bancada...festa do basket!!

Seremos médicos, enxeñeiros, avogados, músicos, opositores, funcionarios, obreiros, estudantes, pais, fillos, etc,. Na pista todo eso dá igual, que a bola siga botando!!

Como anécdota dicir que estiveron 5 espectadores vip, os nosos/as rapaces/as da canteira que tamén quixeron observar de primeira man o bo comezo do equipo amiense.

2 comentarios:

  1. Sois muy grandes todos!!! Muchas gracias por haberme acogido como uno mas desde el primer dia...y ojala pueda volver con la famosilla nueva normalidad. No obstante a entrenar ire siempre q me coincida de estar por ahi jejejje. Y a las cenas 🤣🤣

    ResponderEliminar
  2. Tú siempre tendrás un hueco en este equipo y una silla en la mesa. ¡Grande!

    ResponderEliminar