venres, 2 de febreiro de 2018

Prohibido relaxarse

Mentres tentamos atopar unha solución ao desaguisado da semana pasada contra o XL Milladoiro debido á incomparecencia arbitral, a liga non se detén. Quenda para a 15ª xornada, na que nos desprazaremos a Noia nun encontro inicialmente programado para o domingo 4 de febreiro no Pavillón Alonso Rodríguez.
 
Tras o involuntario parón da última xornada, o C.B. Ames viaxa ao coliseo noiés con ganas de retomar o pulso á competición e obter unha nova vitoria que nos permita seguir escalando postos na táboa. A pesar de que os locais ostentan o penúltimo lugar na clasificación cunha única vitoria, non hai que fiarse, xa que os seus últimos resultados denotan unha clara melloría en varios aspectos do xogo que, imaxinamos, tentarán refrendar cunha segunda vitoria.
 
Esperamos que pouco ou nada terá que ver este partido co duelo de ida, no que o C.B. Ames impúxose comodamente. Debemos saír concentrados e traballar con oficio durante os corenta minutos de xogo se non queremos ter unha sorpresa desagradable. Ánimo!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario