A maquinaria do Club Baloncesto Ames non para! O ascenso á 2ª División Autonómica esixe o mellor de nós tanto dentro como fóra da pista, e por iso seguimos traballando duro para construír un proxecto sólido da man do tecido empresarial do noso concello.
Hoxe estamos de celebración porque onte mesmo, mércores, materializouse oficialmente o acordo de patrocinio coa Clínica de Fisioterapia Laura Míguez, que se converte nunha peza clave do noso equipo en calidade de Socia Local para a tempada 2026/2027.
Tras a rúbrica do contrato por parte da nosa directiva e de Laura Míguez, a clínica pasará a ter unha presenza destacada nos nosos partidos como locais. De feito, o seu novo Golf Banner xa locía onte espectacular a pé de pista no noso pavillón do Milladoiro, onde o primeiro equipo posou ao completo xunto ao novo soporte publicitario.
Dende o club queremos darlle as grazas a todo o equipo de Fisioterapia Laura Míguez (situados na Rúa das Palmeiras 31, Baixo, no Milladoiro) pola súa aposta valente polo noso deporte e pola saúde. É todo un orgullo levar o voso nome con nós.
![]() |
| Benvidos á familia do CB Ames! |


Ningún comentario:
Publicar un comentario