O C.B. Ames golpea primeiro e apunta cara ás Burgas.
- Nacex EDO Blanco Amor (Campión de Ourense).
- SEI San Narciso C.B. Marín Peixefresco (Campión de Arousa).
- ADB Fontiñas (Subcampión de Santiago)
Algo máis que un xogo
O C.B. Ames golpea primeiro e apunta cara ás Burgas.
![]() |
| Lendas |
Hai historias que comezan dende o final e finais que só son o principio de todo. E que, ao contrario do que cantaba Carlos Gardel no mítico tango "Volver" vinte anos dan para moito. Pero, como o vivido o pasado sábado no pavillón municipal de Fontiñas, nada. Toda unha orxía de sentimento e emoción que desmbocou no primeiro título da nosa historia. Agora sí, podemos dicir con orgullo: WE-ARE-THE-CHAMPIONS.
![]() |
| Explosíón de xúbilo ao levantar o trofeo |
![]() |
| A marea amiense, en pé, apoiando ao seu equipo. Sen vós, imposible! |
![]() |
| Manolo, santo de seña da nosa afección |
![]() |
| Aldán, diferencial |
![]() |
| Joaquín, 20 puntos e tropecentos mil rebotes |
![]() |
| Jorge, francotirador, desemplovou o fusil no derradeiro parcial |
![]() |
| Dani, o xefe, tentando xestionar as emocións... |
![]() |
| ... misión imposible |
![]() |
| Grazas! |
![]() |
| Ángel Noya, descualificado inxustamente, felicitando a Raúl. Respect. |
![]() |
| Yeray, feliz coma unha perdiz |
![]() |
| Diego e Jaime, cando non corren teñen este aspecto |
![]() |
| Aldán e Joaquín, descarados e insolentes |
![]() |
| Alberto e Yeray, pasado, presente e futuro |
Primeiro acto da final polo título entre o C.B. Ames e o A.D.B Fontiñas. O municipal do Milladoiro engalanouse coma non se recorda nos vinte anos de historia deste club: bancadas ateigadas de enfervorecidos xiarieiros, globos, pancartas, bombos, bucinas, Álvaro Veiga -speaker do Obradoiro- coma mestre de cerimonias..., en definitiva, un ambiente doutra categoría e motivo de orgullo para todos os que loitaron e traballaron para vivir unha cita como a de onte. De venderse entradas estariamos a falar do clásico "non hai boletos". Onte púxose a proba a capacidade e as prestacións do coliseo amiense. Impresionante.
![]() |
| Aspecto das bancadas para o primeiro asalto. A imaxe fala por si soa |
![]() |
| Lourdes pintándolle a cara a todo o que se lle puxo a tiro. Moi grande! |
Tras unha espectacular presentación dos protagonistas, e coas emocións a flor de pel, o colexiado principal, Martín Trasancos, eleva o balón coma nunha procesión da madrugá sevillana. Ao ceo con ela. Comeza o espectáculo.
Como xa se podía prever, os contendentes dedicaron as primeiras accións a atemperar os nervios. Momentos de igualdade ata que entra en acción un extramotivado David Reino que, con 9 puntos practicamente consecutivos, enfúndase a camisola de lider permitindo aos locais coller o mando do partido ante un Fontiñas que non tiña a intención de poñelo doado. Con máis desexo que acerto, ambos contendentes tentaban impoñer a súa proposta nunha contenda fisicamente moi exixente. Primeiro asalto que tivo como gañador (aos puntos) ao C.B. Ames por 18 a 13.
![]() |
| Juan, coma sempre, ao 200% |
![]() |
| Dani conversando con parte do banquiño. Rober, en primeiro plano, atento ás evolucións do encontro. Tándem de luxo |
Tempo de lecer. 45 a 32 e a sensación de ter ao rival a piques de bicar a lona. Turno para que os xiareiros máis novos salten á pista e emulen aos seus heroes, se cadra por uns intres.
![]() |
| Os rivais pouco ou nada podían facer perante a exhuberancia física de Joaquín |
Pero nin moito menos o peixe estaba vendido. O derradeiro parcial comezaba cunha discutible falta antideportiva sinalada pola dispar parella arbitral, espoleando ao equipo visitante que con 7 puntos consecutivos lograba reducir a renta ata 5 en minuto e medio de xogo (62 a 57). Tempo morto de Dani para inculcar aos seus pupilos a trascendencia do momento e a volta aos macanismos e automatismos que nos levaron a desenvolver o mellor baloncesto visto nesta categoría durante a presente campaña. E, tras de nós, centos de seguidores apoiando e levando en voandas ao equipo. O fracaso deixaba de ser unha opción.
Tempo de valentes e que mellor que un gladiador como Juan para asestar os dous primeiros golpes. Yeray, espectacular, recolle o testigo e clava dúas triplas de xeito consecutivo para desatar a tolada nunha bancada que, a bo seguro, tivera estoupado se Aldán consegue culminar con éxito un intento de mate a dúas mans entre un mar de brazos.
![]() |
| Yeray. MVP compartido con David Reino |
Por parte do C.B. Ames interviñeron: Tomás Souto (AA), Yeray (27, AAA), Reino (22, AAA), Juan (7, AAA) e Sebas (10, AA) - quinteto inicial - Sergio (3, AA), Aldán (2, A), Jorge (2, A), Joaquín (17, AAA), Raúl (A), Pedro (A) e Fran (A).
O mellor: sen lugar a dúbidas, o espectáculo vivido. Bancadas ateigadas e baloncesto de calidade como a mellor fórmula dun acontecemento inesquecible. Destacar tamén o respeto e deprotividade entre equipos e afecións. Unha auténtica pasada.
O peor: non ter finiquitado a eliminatoria pero, sendo francos, un equipo campión como Fontiñas vai competir ata o final con todos os seus recursos, que son moitos e bos.
Todo o mundo queda emprazado para o desenlace a vindeira fin de semana, concretamente para o sábado 25 dee abril no municipal santiagués de Fontiñas ás 18:00 h.. Deixámosvos coas mellores imaxes captadas polo obxectivo do gran Andrés Panaro, a quen dende esta humilde publicación lle agradecemos a súa inestimable e desinteresada colaboración. GO, AMES, GO!
Finiquitadas a liga regular e as eliminatorias, chega o momento da verdade. O C.B. Ames e o A.D.B. Fontiñas, vixente campión, replican a finalísima da campaña pasada pero esta vez baixo o formato de ida e volta, o que garante espectáculo por partida dobre.
As roldas previas resultaron moi dispares para uns e outros. Mentres que o C.B. Ames non deu opción aos seus rivais, tanto en cuartos de final (+ 48 no global da eliminatoria fronte a Praíña, S.P.C.), como, sobre todo, nunha rolda semifinal na que asoballou ao A.D. Manuel Peleteiro por un tenteo global de 95 puntos tras un memorable partido de ida no que se aplicou ao equipo colexial un severísimo castigo de 33 a 93, o camiño do A.D.B. Fontiñas non foi tan sinxelo, en boa medida pola entidade dos rivais aos que se enfrontou: + 17 de diferenza en cuartos de final contra o experimentado C.A.B. Conxo, todos eles colleitados no encontro de volta, e vitoria pola mínima en semifinais contra o Santa Baia de Boiro, nunha eliminatoria chea de igualdade e emoción que estivo aberta ata a derradeira posesión.
Con estes vimbios podería semellar que o C.B. Ames partira a priori coma favorito, pero nada máis lonxe da realidade. O A.D.B. Fontiñas é o actual campión e conta cun equipo novo pero experimentado, perfectamente adestrado por un clásico como Ángel Noya que sabe perfectamente o que quere e o camiño para conseguilo. O paso polas eliminatorias previas deulle un plus de competitividade que o C.B. Ames terá que, polo menos, igualar se quere ter algunha opción de levarse o título.
Primeiro asalto o domingo ás 19:00 h. no municipal do Milladoiro. Ademais da potencia de Tomás, a cabeza de Sergio, a determinación de Fran, os highlights de Yerai, a velocidade de Diego, a espontaneidade de Jaime, o talento de Aldán, a polivalencia de Reino, a experiencia de Raúl, o empuxe de Juan, a calidade de Jorge, a clase de Pedro, a presencia de Sebas, a intimidación de Joaquín e o carisma do gran capitán Alberto, así como a sabedoría do tándem Dani-Rober e o apoio dun multifuncional Ángel, imos precisar de todos vos para axudarnos a dar o primeiro e decisivo paso para a conquista do título.

Coas cartas cara arriba e a sorte botada, a túa axuda pode ser determinante na nosa loita por celebrar os nosos 20 anos de historia co mellor dos agasallos.
QUE COMECE O ESPECTÁCULO!
(By David Kingdom)
Volvía ao
baloncesto ás tardes dos domingos no Milladoiro Arena cun dos enfrontamentos
máis esperados da fase regular. O C.B. Ames e o A.D. Peleteiro pelexando pola Pole
Position do grupo 2 e os amienses conxurados na procura do obxectivo de vingar
o que ata agora foi a única derrota en toda a campaña e compensar os tres
puntos de diferenza a prol dos santiagueses no encontro de ida.
O público respondeu
en masa ao chamamento entre semana e, cunhas gradas ateigadas de xente,
colorido, vento e percusión, todas as persoas que se deron cita abarrotando as
gradas supuraban baloncesto por cada un dos seus poros. Atmosfera das grandes
citas e a sensación no ambiente de que algo grande ía acontecer, pese as baixas
de Yerai e Pedro ausentes por lesións que, aínda que non revisten gravidade, si
que esixen certa precaución tendo en conta o momento da tempada na que nos
atopamos.
| Ambiente espectacular no coliseo amiense |
Tras un quecemento intenso e como leóns engaiolados, asubío inicial. Ambos contendentes saen con forza. O C. B. Ames, coa idea clara de dominar o partido a base dun ritmo de xogo eléctrico, enseguida pon a sétima velocidade pilotado por un Joaquín que non quere saber doutra cousa que non sexa baixar de 15.000 revolucións. 6 puntos consecutivos do pivote e dúas faltas nos primeiros tres minutos dan boa mostra das súas intensidade.
Cambio obrigado por Sebas. Para os visitantes foi peor o remedio que a enfermidade. O venezolano saltou a cancha decidido a facer valer a súa superioridade física e técnica perante un conxunto rival que adoece de centímetros. Ordes claras do corpo técnico de aproveitar a manifesta debilidade visitante. Os exteriores surtían unha e outra vez de balóns a un axigantado pivote local que maltrataba a unha defensa que semellaba estar composta por Gremlins desesperados por pillar algunha bola. 12 puntos en pouco máis de 5 minutos sen erro. Brutal.
![]() |
| Sebas, abusando |
Os visitantes
tentaban capear o temporal pero cando este parecía amainar entrou en escena
unha nova cicloxénese con nome propio: Aldán. 5 puntos consecutivos para dobrar
no electrónico aos visitantes ao termo dos primeiros dez minutos (28 a 14)
perante un público entregado á garra e ao talento dos locais.
Pero o C.B. Ames
non sacara a relucir todo o seu potencial. Mate de Reino a dúas mans previo
escorzo cadeira/xeonllo como tarxeta de benvida ao segundo cuarto que levantou
aos xiareiros dos seus asentos. Defensa asfixiante que provocaba que a maior
parte dos ataques do conxunto visitante finiquitasen antes de tan sequera lanzar
a canastra e uns xogadores locais envorcando sobre o parqué todo o traballo e
esforzo das últimas semanas.
![]() |
| Juan, a por todas |
O que estaba a acontecer non é froito da casualidade nin dun momento de inspiración, non é o caso. Todo ten a súa orixe nunha sesuda planificación do corpo técnico, liderado polo tándem de adestradores que forman Dani e Rober, e o esforzo, traballo, disciplina e paixón de todos e cada un dos compoñentes dun equipo que tiña posta a “X” no calendario. E se a todo isto lle engadimos o pulo duns xiareiros que semana a semana apoian ao seu equipo cunha devoción incondicional digna do baloncesto grego dos anos 80, temos a tormenta perfecta. Isto non é o informe PISA. ¡Isto é AMES!
![]() |
| Todo o mundo atento ao PLAN |
| Facianas de concentración no banquillo. A implicación é total |
Parcial de 19 a 5 e
o marcador en 47 a 19 que fala ben as claras do desequilibrio entre uns e
outros. A grada en éxtase.
| A afección pasándoo en grande |
Sen lugar para a
relaxación, momento para seguir furgando na ferida. Con Joaquín liderando a
ofensiva e todo o conxunto defendendo coma unha lexión, as diferenzas seguían a
aumentar ante a desesperación dun conxunto picheleiro asoballado tanto polo
xogo como polo ambiente. Por se a malleira non era suficiente, no tramo final
do terceiro parcial sae Aldán en modo todoxogador para demostrar que, ao mesmo
tempo e cunha diferenza de segundos, pode ser un prodixio en ataque e é un
auténtico calvario en defensa. Exhibición dun rapaz que oposita claramente a Rookie
do ano. 60 a 17 a falta de 10 minutos e, agora si, todo decidido.
![]() |
| Aldán, MVP |
Con todo o peixe
vendido, o derradeiro cuarto serviu para aumentar aínda máis a vantaxe no
electrónico e materializar a comuñón equipo/afección. 76 a 35 ao a final do
partido, 41 puntos de diferenza e festa rachada nunhas bancadas nas que os xiareiros
semellaban voar sobre o Nido do Cuco. Bendita tolada.
O mellor: a simbiose público-equipo. O pasado domingo estivemos ante unha desas
tardes que quedaran gardada nas nosas retinas. Resulta impresionante, e
atreveriámonos a cualificar incluso como demencial que máis de 200 persoas de
todas as idades se deran cita no coliseo amiense ataviados con camisetas,
bombos, bucinas e as súas gorxas para dar o mellor de si mesmas e levar en
volandas aos seus xogadores cara a vitora. Non hai palabras que fagan xustiza
ao noso agradecemento e orgullo. Todo isto é por vós e grazas a vós. E se isto
acontece na fase regular, que nos agarda nos play offs?
O peor: debemos seguir traballando e non crernos os reis do mambo. Desfrutar do conseguido e traballar dende a humildade para conquistar novas metas e obxectivos. Estamos no Tourmalet da fase regular e o próximo rival, o multicampión CAB Conxo, aproveitará calquera atisbo de relaxación así que deberemos seguir traballando pola mesma liña.
Para rematar, queremos
agradecer a consideración da Asociación Española contra o Cancro (AECC) á
hora de contar co C.B. Ames para súa campaña solidaria “Brazaletes de
Esperanza” durante as dúas próximas xornadas. Sirvan estas liñas como
humilde recoñecemento ao inxente labor desenvolto por esta entidade contra unha
das maiores lacras da nosa sociedade. Parabéns amigos!
![]() |
| Tenteo ao descanso |
![]() |
| Final do 3ª cuarto |
![]() |
| Remate de partido |
Pouco que comentar no encontro do día de onte e no que o equipo visitante,
o Deleite Baloncesto Galdea Senior de Brión, demostrou o porqué da súa
condición de colista. Reparto de minutos por parte de Dani que as tivo tesas
para manter a tensión competitiva dos seus xogadores. Algún malabarismo de Yeray, Joaquín e Aldán cada vez máis asentados, Jaime ou Fran aproveitando os seus
minutos, Alberto tirando á remanguillé ou un aborto de mate de Reino,
foron algunhas das notas destacables na contenda máis desequilibrada do que vai
de campaña, xunto co retorno de Gaby, apreciado exadestrador, a terras
amienses.
![]() |
| Dani, sempre ao 100 % |
![]() |
| Sen sobresaltos na bancada |
![]() |
| Alberto, posando amablemente para este medio co seu inconfundible e habitual sorriso |
![]() |
| Gaby, facendo o que pode co que ten |
Por parte do C.B. Ames interviñeron: Tomás Souto (A), Yeray (18, AAA), Reino
(9, AA), Juan (4, A) e Pedro (2, A) – quinteto inicial – Sergio (5, AA), Jaime
(7, AAA), Fran (9, AAA), Aldán (5, AA), Jorge (11, AA), Joaquín (18, AAA) e
Alberto (6, AA).
O mellor: que ninguén se mancara.
O peor: a diferenza entre ambos equipos.